13 ene 2015

PAZ

O venres 30 de xaneiro, día da PAZ, celebraremos no colexio con distintos actos ese día. Unha das cousas que faremos será cantar esta canción: Que é a PAZ?
























Fágovos unha pregunta:
Sabedes que é a PAZ ?
É moi fácil responder
e vós ídesme axudar.

  Nenos pelexando? NON
  Nenos axudando? SI
  Todos enfadados ? NON  
  Todos sendo amigos? SI

É moi fácil contestar
todos queremos PAZ.
É moi fácil contestar
LALALAAAAA                                                 

Fágovos unha pregunta:
Sabedes que é a PAZ ?   
É moi fácil responder
e vós ídesme axudar.


    Soldados con pistolas?  NON
   Coidando a natureza?  SI
    Dicindo mentiras?  NON
    Compartindo a merenda?  SI

É moi fácil contestar
todos queremos PAZ.
É moi fácil contestar
LALALAAAAA